CITA PREVIA
SISTEMA DE SOLICITUDE DE CITA PREVIA

O novo sistema de cita previa e xestión de quendas do Concello permite solicitar cita previa de xeito telemático nas principais oficinas do Concello.

Pode atopar a información xeral nesta páxina, e máis detalles na seguinte presentación:

Manual do sistema de cita previa

Importante: En beneficio de todos, prégase que anule a súa cita se non vai facer uso dela, co obxecto de proporcionarlle a mesma a outra persoa que a necesita.

CANLES PARA SOLICITAR CITA PREVIA

A cita previa pode solicitarse a través das seguintes canles:

1.- TRÁFICO, ATENCIÓN AO CONTRIBUÍNTE E URBANISMO


a) Desde calquera ordenador, tableta ou teléfono móbil, a través da páxina web de cita previa do portal municipal:

https://concello.dewenir.es/gl/cita-previa-formulario


b) A través da webapp de cita previa, á que se pode acceder a través do código QR que aparece máis abaixo. Esta webapp permite ademais utilizar outras funcionalidades, como por exemplo, informar á oficina da súa chegada (CHECK-IN).

c) A través dun sistema de resposta telefónica automática (IVR), chamando ao número de teléfono:

881 50 51 07

d) Chamando por teléfono á oficina para a que quere pedir cita (ver máis abaixo).

2.- SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE (CIM)


a) Desde calquera ordenador, tableta ou teléfono móbil, a través da páxina web de cita previa do portal municipal: https://concello.dewenir.es/gl/cita-previa-formulario


b) Por teléfono, chamando ao número .... e escollendo a opción:
- ..... para cita en Servizos Sociais 981 542465, elixir opción 2 e a continuación a opción 1

- ..... para cita en Igualdade CIM 981 542467, elixir opción 3 e a continuación a opción 1

PASOS A SEGUIR PARA UTILIZAR CITA PREVIA

A) TRÁFICO, ATENCIÓN AO CONTRIBUÍNTE E URBANISMO


- Paso 1. Solicitar a cita previa nunha Oficina municipal, para un determinado trámite e un día e hora concretos. (Pode facelo a través dalgunha das canles antes indicadas).
- Paso 2. Ao chegar á oficina no día e hora sinalados, informar da súa chegada (CHECK-IN). Pode facelo a través da webapp usando o código QR que atopará na entrada da oficina, ou utilizando o posto dispensador de quendas dispoñible na propia oficina.
- Paso 3. Esperar a que se lle chame e se lle indique o número de mesa que ten asignado. O aviso chegará directamente ao móbil se optou por esta opción, polo que non será necesario esperar no interior das oficinas.

Nota: En breve se engadirá a opción de ser atendido por vídeochamada para algúns trámites.

B) SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE (CIM)

a) Desde calquera ordenador, tableta ou teléfono móbil, a través da páxina web de cita previa do portal municipal: https://concello.dewenir.es/gl/cita-previa-formulario


b) Por teléfono, chamando ao número .... e escollendo a opción:
- ..... para cita en Servizos Sociais 981 542465, elixir opción 2 e a continuación a opción 1
- ..... para cita en Igualdade CIM 981 542467, elixir opción 3 e a continuación a opción 1

OFICINAS CO NOVO SISTEMA DE CITA PREVIA

- OFICINA DE ATENCIÓN AO CONTRIBUÍNTE
* Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende 4, baixo
* Número de teléfono para cita previa: 981 542 384

- REXISTRO E INFORMACIÓN DE URBANISMO
* Enderezo: Praza do Obradoiro 1, 2º andar
* Número de teléfono para cita previa: 981 542 420

- TRÁFICO
* Enderezo: Praza do Obradoiro 1, (acceso pola Costa do Cristo)
* Número de teléfono para cita previa: 881 505 107

- SERVIZOS SOCIAIS
* Enderezo: Rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4
* Número de teléfono para cita previa: 981 542 465 elixir opción 2 e a continuación a opción 1..

- IGUALDADE (CIM)
* Enderezo: Rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4
* Número de teléfono para cita previa: 981 542 467.elixir opción 3 e a continuación a .opción 1

PARA CALQUERA OUTRA OFICINA MUNICIPAL:


Para pedir cita previa en calquera outra oficina, pode contactar co número de teléfono que
consta neste directorio.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357