Pleno

Pleno 2023

O Pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía dentro do goberno municipal e está constituído polo alcalde e os concelleiros (é precisamente á alcaldesa a quen lle corresponde convocar e presidir as sesións plenarias aínda que pode delegar nalgún dos concelleiros).

O Pleno ten un regulamento propio de carácter orgánico e tanto o seu funcionamento coma a organización dos seus contidos recóllese no regulamento municipal. Constitúeo unha Secretaría Xeral e unha serie de Comisións encargadas de xestionar diversas áreas de goberno e de informar sobre esta ao Pleno.

Unha das funcións do Pleno municipal que ten maior relevancia, dentro das súas tarefas de fiscalización e control dos órganos de goberno, está a votación das mocións de censura e confianza. Así mesmo, do Pleno dependen os acordos relativos á alteración da composición ou dos lindes do termo municipal ou os acordos sobre a participación do Concello en órganos supramunicipais.

Do Pleno dependen tamén as aprobacións e modificacións de regulamentos orgánicos, ordenanzas, orzamentos, cadros de persoal, regulamentos municipais, etc. A aprobación inicial e final das tramitacións urbanísticas tamén é unha das competencias do Pleno, así como a transferencia das súas funcións a outras administracións ou a determinación do xeito no que o Concello xestionará os servizos municipais.

O Pleno da Corporación reúnese en sesión ordinaria, agás agosto, o último xoves de cada mes, ás 17:00 horas en primeira convocatoria. No caso de ser festivo, celébrase dous días antes ou dous días despois, á mesma hora.

Por Decreto da Alcaldía do 24 de setembro de 2019 as sesións plenarias ordinarias correspondentes aos meses de outubro e decembro do ano 2019 adiántanse unha semana e, como consecuencia, terán lugar o día 24 de outubro e o día 19 de decembro de 2019.

Membros do Pleno

Enlace a Goretti
Goretti Sanmartín Rei

Goretti Sanmartín Rei

Profesora universitaria e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa. Foi directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade. Con anterioridade, impartiu aulas no Instituto de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto Eduardo Pondal. Participa activamente dos movementos cultural, en defensa da lingua e feminista. Foi responsábel local do BNG en Santiago e vicepresidenta da Deputación da Coruña. Na actualidade, forma parte da Executiva Nacional do BNG.

alcaldia@santiagodecompostela.gal
Foto de BNG

BNG

Enlace a Míriam
Míriam Louzao Fernández

Míriam Louzao Fernández

Naceu en Santiago de Compostela en 1983, é veciña do barrio de San Lázaro e ten dous fillos. Licenciada en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual, ambas pola USC, traballou no período 2011-2023 como responsable de comunicación no Auditorio de Galicia, organismo que xestiona o Departamento de Cultura do Concello de Santiago. Con anterioridade foi a responsable de comunicación do grupo municipal do BNG en Compostela e na actualidade está no seu Consello Local. Foi integrante da directiva de diversas asociacións culturais e representante de pais e nais da Escola Infantil Municipal das Fontiñas. Estivo na directiva da ANPA do CEIP Monte dos Postes e forma parte do seu Consello Escolar.

mlouzaof@santiagodecompostela.gal
Foto de BNG

BNG

Enlace a Xesús Manuel
Xesús Manuel Domínguez Domínguez

Xesús Manuel Domínguez Domínguez

Protésico dental con laboratorio en Conxo desde 2003, do que é director técnico. Membro de diversas asociacións no eido do ecoloxismo e da defensa da lingua. Foi insubmiso ao servizo militar. Durante oito anos foi secretario do Colexio de Prótesico Dentais de Galiza. Tamén foi voceiro da Coordinadora de Plataformas de estafados/as polas preferentes e subordinadas en Galicia. É membro de Composcleta, unha asociación que promove o uso da bicicleta como medio de transporte urbano.

xdominguezd@santiagodecompostela.gal
Foto de BNG

BNG

Enlace a Pilar
Pilar Lueiro Garcia

Pilar Lueiro García

Naceu en Santiago de Compostela. É licenciada en Filoloxía pola USC. Profesora de ensino secundario, bacharelato e EOI, tamén foi traballadora do grupo municipal BNG de Santiago e foi técnica de Comercio Rural en Galicia Calidade. É integrante da Executiva comarcal do BNG desde 2017 e foi membro do Consello local de 2010 a 2017. Forma parte da directiva de varias asociacións culturais.

plueirog@santiagodecompostela.gal
Foto de BNG

BNG

Enlace a Manuel
Manuel César Vila

Manuel César Vila

Veciño do barrio de Santa Marta, aínda que con orixes no de San Lázaro, onde se criou e formou parte das xuntas directivas das súas asociacións xuvenil e veciñal (AVV Monte do Gozo). Catedrático de Formación e Orientación Laboral no CIFP Politécnico de Santiago, é licenciado en Ciencias Económicas e en Administración e Dirección de Empresas. Ademais, é doutor en Integración Económica e Desenvolvemento Rexional pola USC, onde tamén foi profesor asociado no departamento de Organización de Empresas e Comercialización. Foi secretario da Agrupación Cultural O Galo e tesoureiro e vogal do Consello da AGAL. Afiliado à CIG-Ensino, fixo parte do seu Consello Federal e da Executiva Comarcal de Santiago.

mcesarv@santiagodecompostela.gal
Foto de BNG

BNG

Enlace a Iago
Iago Lestegás Tizón

Iago Lestegás Tizón

Arquitecto pola Universidade Politécnica de Madrid e doutor en Rexeneración Urbana e Desenvolvemento Económico pola Universidade ‘Mediterranea’ de Reggio Calabria (Italia). Realizou estadías de investigación e intercambios académicos en universidades de Portugal, Estados Unidos, Arxentina e Noruega. Traballou como arquitecto no ámbito do urbanismo e a ordenación territorial, como consultor internacional de innovación e como investigador na Universidade de Santiago de Compostela. Ten experiencia na redacción de planeamento urbanístico, no deseño de espazo público e na elaboración de estratexias de desenvolvemento urbano sostible. Durante oito anos estudou as problemáticas actuais dos centros históricos e, especialmente, os impactos da turistificación sobre a vivenda, o comercio e a calidade de vida das comunidades locais. Ademais, forma parte do tecido asociativo compostelán ligado á música e ao baile tradicionais.

ilestegast@santiagodecompostela.gal
Foto de BNG

BNG

Enlace a María Rozas
María Rozas Pérez

María Rozas Pérez

Naceu en Santiago en 1981. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC, con Máster de Estratexias, Axentes e Políticas de Cooperación ao Desenvolvemento polo Instituto HEGOA. A súa traxectoria profesional está vinculada á consultoría de xestión económica e patrimonial para Administracións Públicas, e foi voluntaria en varias ONGD’s e participante de movementos feministas. Foi concelleira de Economía, Facenda e Administración en Santiago no período 2015-2019

mrozasp@santiagodecompostela.gal
Foto de CA

CA

Enlace a Xan
Xan Duro Fernández

Xan Duro Fernández

Naceu na Coruña en 1966, e é pai de dous fillos. É Diplomado en Biblioteconomía e Documentación, e traballa na Universidade de Santiago. Ten unha longa traxectoria vinculada ao movemento ecoloxista: foi presidente de ADEGA; coordenador xeral de Verdegaia, organización da que segue formando parte; e membro de Ecoloxistas en Acción. Foi concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia en Santiago no periodo 2015-2019.

xdurof@santiagodecompostela.gal
Foto de CA

CA

Enlace a Borja Verea
Borja Verea Fraiz

Borja Verea Fraiz

Nado en Santiago en 1980. Licenciado e Doutor en Dereito. Funcionario, interventor de concello, pertence tamén ao corpo superior de Administración Xeral da Xunta de Galicia. Foi secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria (2011-2020) e subdirector xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia (2009-2011). Actualmente deputado do Parlamento de Galicia e presidente do PP de Santiago.

pp@santiagodecompostela.gal
Foto de PP

PP

Enlace a María Baleato
Maria Baleato González

María Baleato González

Nada no 1977 en Santiago. Veciña de Santa Marta. Licenciada en Dereito con Diploma de Estudos Avanzados. Máster en Administración Financeira e Tributaria, Máster en Dirección Pública, Políticas Públicas e Tributación e técnica superior de Urbanismo. Funcionaria, secretaria-interventora, pertence tamén ao corpo superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia. Na Administración Local foi secretaria e interventora nos Concellos de Cerdedo, Muros, Cee, Boiro e Monforte de Lemos e na autonómica, desempeñou, entre outros postos, o de directora de Competitividade de Turismo de Galicia (2020-2021) e hoxe en día é subdirectora xeral na Secretaría Xeral de Emigración. Na actualidade ocupa a secretaría da Asociación Cultural Casino de Santiago.

pp@santiagodecompostela.gal
Foto de PP

PP

Enlace a Yolanda
Yolanda Otero Balsa

Yolanda Otero Balsa

Nada en Suíza, en 1974. Veciña de San Xoan de Fecha. Coordinadora xeral do PP de Santiago. Licenciada en Dereito. Funcionaria de carreira do corpo superior da Xunta de Galicia, foi xefa de servizo de Patrimonio do Servizo Galego de Saúde (2008-2009), subdirectora xeral de Programas para a Xuventude da Xunta de Galicia (2008-2009). Na actualidade é subdirectora xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna para Maiores na Consellería de Política Social e Xuventude.

pp@santiagodecompostela.gal
Foto de PP

PP

Enlace a José Antonio
José Antonio Constenla Ramos

José Antonio Constenla Ramos

Nado en Santiago en 1970 e natural do barrio de San Pedro. Licenciado en Dereito. Máster en IESE. Foi membro do Claustro da Universidade de Santiago, presidente do Consello da Xuventude de Galicia, do Comité Permanente do Consello da Xuventude de España, así como patrono de varias fundacións. Actualmente dedícase á xestión de entidades universitarias.

pp@santiagodecompostela.gal
Foto de PP

PP

Enlace a Olaya
Olaya Otero Sanjurjo

Olaya Otero Sanjurjo

Nada en Santiago en 1984. Barrio do Castiñeiriño. Graduada en Relacións Laborais e Recursos Humanos pola USC, é máster en RR.HH. e Dirección de Persoas. Máis de 10 anos de experiencia na área de selección de persoal, xestión de equipos e orientación laboral.

pp@santiagodecompostela.gal
Foto de PP

PP

Enlace a José
José Ramón de la Fuente Rodríguez

José Ramón de la Fuente Rodríguez

Naceu en Santiago en 1966. Veciño de Conxo. Licenciado en Dereito. Funcionario do Parlamento de Galicia desde 1992. Socio-fundador da Asociación de Veciños Conxo Aberto no ano 2010.

pp@santiagodecompostela.gal
Foto de PP

PP

Enlace a Nerea
Nerea Barcia Guldrís

Nerea Barcia Guldrís

Nada en Santiago, Figueiras. 25 anos. Nai dun neno. Graduada en Educación Social pola USC, actualmente traballa nun centro de protección de menores. Realiza traballos de voluntariado en Down Compostela, Hospital Clínico e con persoas con Alzheimer.

pp@santiagodecompostela.gal
Foto de PP

PP

Enlace a Evaristo
Evaristo Ben Otero

Evaristo Ben Otero

Nado en Santiago en 1971. Fonte dos Concheiros. Reside en San Marcos. Secretario provincial A Coruña PPdG. Voceiro do grupo popular na Deputación da Coruña.

pp@santiagodecompostela.gal
Foto de PP

PP

Enlace a Rosario
Rosario Ferreiro Varela

Rosario Ferreiro Varela

Nada en 1974 e residente no barrio das Fontiñas. Licenciada en Dereito. Funcionaria do Estado. Na actualidade é a xefa do Servizo de Contratación, Proxectos e Obras da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

pp@santiagodecompostela.gal
Foto de PP

PP

Enlace a Adrián
Adrián Villa Torres

Adrián Villa Torres

Nado en Santiago en 1990. Natural do Casco Histórico, reside no barrio do Castiñeiriño. Licenciado en Xestión de Empresas Hostaleiras, traballou inicialmente no sector. Con formación en deseño dixital e comunicación online, creou a súa propia empresa en Santiago. Foi secretario da Xunta de Confrarías da Semana Santa. Na actualidade traballa na Xunta de Galicia como asesor.

pp@santiagodecompostela.gal
Foto de PP

PP

Enlace a Borja Rubio
Borja Rubio Somoza

Borja Rubio Somoza

Nado en Santiago. 39 anos. Veciño do Castiñeiriño. Traballa na Rede Galega de Dinamización Xuvenil e participa activamente desde mozo no tecido asociativo compostelán. É membro da ANPA do CEIP Lamas de Abade.

pp@santiagodecompostela.gal
Foto de PP

PP

Enlace a Mercedes
Mercedes Rosón Ferreiro

Mercedes Rosón Ferreiro

Subdirectora da Área de Cultura do Vicerreitorado de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, e responsable da Fonoteca universitaria dende finais dos anos oitenta; centrando fundamentalmente a súa actividade nos ámbitos da xestión e produción de música, exposicións, artes plásticas e xestión do patrimonio histórico-artístico e a música. Durante oito anos, de 2003 ao 2011, foi concelleira no Goberno municipal, ocupando as áreas de Cultura, Rehabilitación e Cidade Histórica, Centros Socioculturais, Urbanismo, Vivenda e Educación. En 2011 retomou o seu traballo na Universidade, traballo que compaxinou coa actividade política como concelleira do PSdeG-PSOE na oposición do concello compostelán ata o 2 de decembro de 2017. Á marxe da actividade profesional, forma parte de diferentes colectivos veciñais, sociais e culturais.

psoe@santiagodecompostela.gal
Partido Socialista de Galicia - PSOE

PSdeG-PSOE

Enlace a María Milagros
María Milagros Castro Sánchez

María Milagros Castro Sánchez

Nada en 1965, é técnica superior de Saúde Bucodental e traballadora dende 1995 do Centro de Saúde de Fontiñas, barrio no que reside. Nas eleccións de 2015 foi escollida por primeira vez concelleira do grupo municipal socialista. Na actualidade é a secretaria xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE.

psoe@santiagodecompostela.gal
Partido Socialista de Galicia - PSOE

PSdeG-PSOE

Enlace a Gumersindo
Gumersindo Guinarte Cabada

Gumersindo Guinarte Cabada

Naceu en Forcarei e trasladouse de neno a Compostela. Aquí estudou, ata doutorarse en Dereito. É profesor e decano da Facultade de Dereito da USC. Compatibilizou a súa traxectoria universitaria con diversos cargos políticos e institucionais, dentro e fóra da Universidade, entre os que figuran: director do Instituto de Criminoloxía, secretario xeral da USC, vicevaledor do Pobo e secretario xeral da Presidencia da Xunta no Goberno de Emilio Pérez Touriño.

psoe@santiagodecompostela.gal
Partido Socialista de Galicia - PSOE

PSdeG-PSOE

Enlace a Marta Abal
Marta Abal Rodríguez

Marta Abal Rodríguez

Nada en Cenlle (Ourense) en 1982, é licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC e máster de Xestión Pública, tamén pola Universidade de Santiago. En 2005 comezou a traballar para a Xunta de Galicia. Ata 2009, como persoal eventual de gabinete na Secretaría Xeral de Análise e Proxección. A partir de 2010 exerceu como funcionaria do corpo administrativo, e dende 2011 como funcionaria do corpo superior da Administración Xeral.

psoe@santiagodecompostela.gal
Partido Socialista de Galicia - PSOE

PSdeG-PSOE

Enlace a Gonzalo
Gonzalo Muíños Sánchez

Gonzalo Muíños Sánchez

Nado no barrio de San Pedro en 1969. Estudou en La Salle e traballou, durante vinte anos, en Autos Lobelle, como responsable de Calidade e Medio Ambiente. Foi xerente do Club Lobelle Fútbol Sala entre 2002 e 2011. Formou parte da lista de Sánchez Bugallo en 2011, e dende aquela é concelleiro.

psoe@santiagodecompostela.gal
Partido Socialista de Galicia - PSOE

PSdeG-PSOE

Enlace a Marta Álvarez
Marta Álvarez Vázquez

Marta Álvarez Vázquez

Nada en Pontevedra en 1968, é graduada en Enfermaría. Posteriormente rematou os mestrados en Relación e Axuda e en Urxencias e Emerxencias. Actualmente traballa de enfermeira Atención Primaria, e foi durante 16 anos técnico da Coordinación Autonómica de Transplantes de Galicia.

psoe@santiagodecompostela.gal
Partido Socialista de Galicia - PSOE

PSdeG-PSOE

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357