
Goretti Sanmartín Rei
Profesora universitaria e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa. Foi directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade. Con anterioridade, impartiu aulas no Instituto de Idiomas da Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto Eduardo Pondal. Participa activamente dos movementos cultural, en defensa da lingua e feminista. Foi responsábel local do BNG en Santiago e vicepresidenta da Deputación da Coruña. Na actualidade, forma parte da Executiva Nacional do BNG.
Competencias
Alcaldesa. Responsable das seguintes competencias: Lingua, Igualdade, Relacións Institucionais, Padrón de Habitantes, Axenda 2030, Portavocía da Xunta de Goberno
+ info
