Lingua

O Concello de Santiago presta especial atención ao proceso de normalización lingüística a través da galeguización dos seus servizos e tamén poñendo en marcha programas dirixidos á poboación e ás entidades asociativas ou empresariais de Compostela.

Ademais dunha Concellaría Delegada de Normalización Lingüística, a Corporación Municipal creou o Consello Municipal de Normalización Lingúística co fin de facilitar a participación cidadá no deseño e posta en práctica da política lingüística municipal.

Procura a promoción do idioma galego centrándose, en primeiro lugar, no uso interno: documentación escrita, formularios, formación lingüística do persoal, dotación de material de apoio, de xeito que calquera cidadán que se achegue ao Concello poida ser atendido en galego e esta sexa, progresivamente, a primeira lingua de comunicación.

En segundo lugar, realiza actuacións externas, tendentes a acadar a normalización plena da lingua galega: servizo de asesoramento e información a todas as persoas ou entidades que o demanden: programación de cursos de lingua, campañas informativas ou de sensibilización, subvencións e colaboración con propostas doutras entidades e organización de actividades diversas.
 

dlg@santiagodecompostela.gal
981 542 409
Rúa da República do Salvador, 12

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357