
Pilar Lueiro García
Naceu en Santiago de Compostela. É licenciada en Filoloxía pola USC. Profesora de ensino secundario, bacharelato e EOI, tamén foi traballadora do grupo municipal BNG de Santiago e foi técnica de Comercio Rural en Galicia Calidade. É integrante da Executiva comarcal do BNG desde 2017 e foi membro do Consello local de 2010 a 2017. Forma parte da directiva de varias asociacións culturais.
Competencias
Concelleira de Deportes, Relacións Veciñais, Festas, Rural e UMAD, con competencias nas materias de deportes, relacións veciñais, festas, medio rural e a Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD). Cuarta tenente de alcaldesa.
+ info
