Manuel César Vila
Concellaría de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local

Manuel César Vila

Veciño do barrio de Santa Marta, aínda que con orixes no de San Lázaro, onde se criou e formou parte das xuntas directivas das súas asociacións xuvenil e veciñal (AVV Monte do Gozo). Catedrático de Formación e Orientación Laboral no CIFP Politécnico de Santiago, é licenciado en Ciencias Económicas e en Administración e Dirección de Empresas. Ademais, é doutor en Integración Económica e Desenvolvemento Rexional pola USC, onde tamén foi profesor asociado no departamento de Organización de Empresas e Comercialización. Foi secretario da Agrupación Cultural O Galo e tesoureiro e vogal do Consello da AGAL. Afiliado à CIG-Ensino, fixo parte do seu Consello Federal e da Executiva Comarcal de Santiago.

Declaración de causas de posible incompatibilidade e de bens patrimoniais
Descargar

Competencias

Concelleiro de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, con competencias nas materias de planificación económica e financeira, xestión tributaria, xestión orzamentaria e política fiscal; persoal e réxime interno; contratación; arquivo e innovación e informática.
Tamén se lle delegan as competencias de recoñecemento e liquidación de obrigas derivadas de compromisos de gastos legalmente adquiridos; ordenación de pagamentos, que inclúe a sinatura nos documentos nos que se formaliza o pago material; as relativas ao exercicio da responsabilidade patrimonial que corresponden a esta Alcaldía; e oficina de información de recursos e fondos, captación de fondos europeos e captación de investimentos industriais.

+ info

mcesarv@santiagodecompostela.gal
Enlace a BNG Foto de BNG

BNG

Telefono
981 542 328
Email
bng@santiagodecompostela.gal

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357