
Xesús Manuel Domínguez Domínguez
Protésico dental con laboratorio en Conxo desde 2003, do que é director técnico. Membro de diversas asociacións no eido do ecoloxismo e da defensa da lingua. Foi insubmiso ao servizo militar. Durante oito anos foi secretario do Colexio de Prótesico Dentais de Galiza. Tamén foi voceiro da Coordinadora de Plataformas de estafados/as polas preferentes e subordinadas en Galicia. É membro de Composcleta, unha asociación que promove o uso da bicicleta como medio de transporte urbano.
Competencias
Concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Dereitos dos Animais, Servizos Básicos Comunitarios, Parques e Xardíns e Vías e Obras, con competencias nas materias de medio ambiente, parques e xardíns, obras promovidas polo Concello e Brigada Municipal de Obras, servizos relativos ao ciclo integral da auga, servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos, enerxía, defensa dos dereitos dos animais, incluídas as competencias que lle poidan corresponder á Alcaldía na Fundación Refuxio de Animais. Terceiro tenente de alcaldesa.
+ info
