
Míriam Louzao Fernández
Naceu en Santiago de Compostela en 1983, é veciña do barrio de San Lázaro e ten dous fillos. Licenciada en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual, ambas pola USC, traballou no período 2011-2023 como responsable de comunicación no Auditorio de Galicia, organismo que xestiona o Departamento de Cultura do Concello de Santiago. Con anterioridade foi a responsable de comunicación do grupo municipal do BNG en Compostela e na actualidade está no seu Consello Local. Foi integrante da directiva de diversas asociacións culturais e representante de pais e nais da Escola Infantil Municipal das Fontiñas. Estivo na directiva da ANPA do CEIP Monte dos Postes e forma parte do seu Consello Escolar.
Competencias
Concelleira responsable de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica, con competencias nas materias de patrimonio cultural, cultura (Auditorio de Galicia, Teatro Principal e Zona C), memoria histórica, educación, turismo, incluído o relativo á Sociedade Municipal Información e Comunicación Local, S.A. (INCOLSA). Segunda tenenta de alcaldesa e voceira do Goberno municipal.
+ info
