Turismo de Santiago-Información e Comunicación Local, S.A. (Incolsa)

Turismo de Santiago - Incolsa é a empresa municipal creada en 1999 polo Concello de Santiago para atender as necesidades de promoción da cidade do Apóstol, especialmente no sector turístico.

Na tarefa de definir a imaxe da cidade ante habitantes e visitantes, Turismo de Santiago trata de manter un diálogo permanente cos representantes do sector turístico na cidade e con outras institucións de promoción turística españois, como o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, o grupo España Verde, Turgalicia e Turespaña.

Turismo de Santiago dispón de dúas oficinas de información turística abertas todo o ano na rúa do Vilar e Praza de Galicia, e tres máis abertas en temporada alta, na Dársena de autobuses de Xoán XXIII, en San Lázaro e no aeroporto de Lavacolla.

A instalación de puntos de información multimedia (PIM), na Estación de Autobuses, en Renfe, no Pazo de Congresos, no aeroporto e na Dársena de Xoán XXIII permitiu, a partir de 2004, atender consultas as 24 horas do día. Ademais, desde estes puntos pódese consultar a páxina oficial de turismo da cidade, que dispón de información turística e cultural de Santiago, un tour virtual con fotografías en 360º, cámaras web, vídeos, galerías de fotos para envío de postais, rutas turísticas, monumentos, un plano descargábel, buscadores de aloxamentos, restaurantes e tendas, etc.

A información complétase con publicacións propias, entre as que destacan un folleto xeral sobre a cidade e outros específicos sobre arquitectura, parques e xardíns e turismo idiomático e relixioso.

981 555 129
Rúa do Vilar, n. 63, baixo.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357