Sociedade Anónima Municipal de Transporte (Tussa)

É unha empresa municipal creada para a execución e ordenación das políticas de transporte público urbano de viaxeiros en Santiago de Compostela. Son obxectivos, entre outros, a administración do transporte urbano colectivo; estudo e planificación do transporte no ámbito municipal; inspección e control de liñas de transporte urbano; xestión, construción e establecemento de aparcadoiros; xestión, explotación e administración de estacións de autobuses e outras funcións anexas e complementarias.

O domicilio social estableceuse en Santiago de Compostela, praza do Obradoiro s/n. As oficinas atópanse nas dependencias da estación intermodal (rúa de Clara Campoamor).

transporte urbano: 981 568 210, tarxetas aparcamento: 981 568 106
Rúa de Clara Campoamor. Estación intermodal de Santiago de Compostela

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357