Auditorio de Galicia
É un organismo autónomo local de carácter administrativo con personalidade xurídica e patrimonio especial. Ten por obxecto a elaboración, deseño e execución dos programas e actividades culturais de maior magnitude no ámbito da música, ópera, teatro, congresos e exposicións.
A súa actividade estrutúrase en torno a sete grandes áreas:
- Programa de abono de música clásica.
- Programa de artes clásicas.
- Ciclo de concertos didácticos para mocidade.
- Compostela milenium festival.
- Escola de Altos Estudos Musicais, clases maxistrais e cursos de formación de profesionais da música.
Desde a tempada 1996-97 a Real Filharmonía de Galicia é a orquestra residente do Auditorio.
