evento | Población
29.12.2023-29.12.2023 18:30:00

Andersen, o parrulo feo

Imagen de 81188

A compañía granadina Títeres Etcétera trae ao Gaiás esta proposta escénica con música, monicreques e proxeccións baseada no conto clásico de Hans Christian Andersen que narra a fábula daquel parrulo diferente aos demais que resultou ser un gran cisne.

«Andersen, o parrulo feo» (Andersen, el patito feo no título orixinal da obra) mergúllanos nesta coñecida historia e tamén na infancia do seu autor, o escritor danés Hans Christian Andersen (1805-1875), quen dicía que este conto era tamén a súa autobiografía. Sendo un neno, polo seu físico, torpeza e baixa clase social sufriu o rexeitamento e o acoso, e atopou refuxio na literatura, o teatro, os monicreques e os recortables de papel. Andersen mudou as súas feridas en contos que máis dun século despois aguilloan a imaxinación de nenos e nenas do mundo enteiro.

Duración: 55 minutos

Idade recomendada: a partir de 3 anos


Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357