evento
|
Población
28.10.2023-28.10.2023
17:00:00
Quen ten cú ten medo
Este Samaín a meiga abrirá as portas da súa casa no Museo Pedagóxico para guiarnos nun "Cursiño de prevención de medos". Falaremos da Santa Compaña, do Lobishome, da Meiga Chuchona, do Tardo e do Gatipedro e venceremos toda unha serie de desafíos que nos deixarán claras dúas cousas: o catálogo de seres que habitan a nosa fantasía e o feito de que, en realidade, estamos cheíños de valentía.