evento | Población
17.10.2023-01.01.2024

O futuro dun legado. O museo de Galicia

Imagen de 81040

Agora, co gallo do centenario da fundación do SEG, este percorrido permitirá ás e aos visitantes coñecer máis sobre a orixe e historia desas pezas, a través de códigos QR situados ao carón de cada unha delas.

Entre ese legado material do SEG hai pezas relacionadas cos oficios artesanais, unha das materias de estudo do Seminario, que reunira para o seu museo un conxunto de ferraxes, espellos de pechaduras, petadores, ou ferrollos, datados entre 1870 e 1910, que dan boa proba da capacidade creativa dos ferreiros. Destacan tamén, entre outras, as pezas de olaría de Buño e Niñodaguia, dous centros oleiros que continúan hoxe en activo de entre a vintena de aldeas oleiras que había en Galicia no primeiro cuarto do século XX. 

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357