Ultraluz
Ledicia Costas foi máis alá coa súa obra e acompañada da música de Amaro Ferreiro creou o espectáculo Ultraluz, convertendo o texto nunha creación multimedia que se pode abordar agora dende a escoita. Palabra, música e luz únense nesta proposta que chega ao Auditorio Neira Vilas para festexar o Día das Escritoras cunha posta en escena na que a iluminación xoga un papel moi importante e coa propia autora recitando.
Non é un recital de poesía, non é un concerto, non é unha performance. É un xeito diferente de contar unha historia, unha especie de criatura que muta en cada espectáculo. Velaí o poder do directo.