evento
07.10.2023-07.10.2023 17:30:00

Retrete Cabarete

Imagen de 80967

Retrete Cabarete é un espectáculo que muda constantemente. O resultado de 17 anos de creación en manipulación de obxectos e teatro visual da compañía El Retrete de Dorian Gray e o seu xeito singular de entender o teatro de marionetas. Aquí non ides ver bonecos ao uso. Globos, fotografías, e as propias mans de Ezra Moreno e Marcos PTT constrúen un mundo xurdido da nada ante os vosos ollos.

En Retrete Cabarete a compañía recompila as súas mellores pezas curtas, creadas ad hoc ou extraídas dos seus espectáculos longos. Mais lonxe de limitarse a ser un rexistro do seu legado, a función cambia cada vez, atenta ás reaccións químicas entre os dous artistas, ás variacións do clima da sala e do público ante o que actúan.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357