evento
|
Población
20.09.2023-27.10.2023
As mulleres que nos levaron á lúa
As mulleres que nos levaron á lúa preséntanos algunhas das mulleres que como Annie Easley, Rita Rapp, ou Frances Northcut, foron claves no éxito da misión do Apollo XI e na posterior conquista do espazo. Sen ese equipo de persoas que estudaron, calcularon e comprobaron unha e outra vez que todo funcionase á perfección, hoxe non estariamos falando da próxima misión á Lúa ou da conquista de Marte.