Ibarburu "Chico Glamour"
Tras o éxito do seu primeiro monólogo, La hora de Pablo Ibarburu, que xa alcanza as 250.000 reproducións en youtube, o colaborador da Resistencia sorpréndenos agora coa estrea do seu segundo espectáculo: Chico Glamour.
Atopámonos aquí a un cómico que xamais estivo nin preto de coñecer o glamour, pero que volve con máis ganas que nunca de facer o idiota.
Este show permitiranos penetrarnos máis na súa absurda mente e pescudar algunhas cousas que non sabiamos de cómo o impacto negativo que os soños tiveron na súa vida, a súa experiencia laboral previa a traballar na televisión e o tempo que lle levou aprender a comunicar os seus sentimentos.
Ven a esquecerche do peso opresivo das túas obrigas neste intre de bobadas cun cómico ao que puideches ver anteriormente en programas como: La Resistencia con David Broncano, Locomundo, El Intermedio ou Yu, no te pierdas nada.