evento | Población
21.09.2023-21.09.2023 20:30:00

Bia Ferreira + O Rabelo

Imagen de 80854

Coma parte do festival maré, que volve a Compostela do 20 ao 24 de setembro, Bia Ferreira aterrará na cidade co seu novo disco Faminta, en formato trío. Será o concerto que poña fin a súa xira europea.

A súa música, que ela define como «MMP — Música de Mulher Preta», trata temas como o feminismo, o antirracismo e a homofobia. Cun estilo afrodiaspórico, agrega referencias de África con ritmos como a samba, o soul, o R&B, o reggae, mentres que liricamente empurra aos seus oíntes cara á incomodidade, que xera «movemento» ou acción. As súas letras foron descritas como «escrevivência», un termo que usa Conceição Evaristo para «contar as nosas historias dende as nosas perspectivas».

Coma concerto previo, gozaremos da maxia de O Rabelo, un dos creadores trans galegos máis destacados, que fusiona tradi, rap e reguetón. O artista de Cerdedo (Pontevedra) está a traballar no seu segundo disco, baixo o título de «Silva».

 

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357