Implosión. A arte conceptual na Colección CGAC
O proxecto Implosión. A arte conceptual na Colección CGAC toma como punto de partida dúas exposicións: a colectiva A mancha humana, onde a obra de Joseph Kosuth tivo especial relevancia e a individual sobre Bas Jan Ader In Search of the Miraculous: trinta anos despois.
O propósito do comisario Pedro de Llano é elaborar unha exposición que constitúa un caso de estudo e, ao mesmo tempo, unha narrativa situada (en Galicia) arredor da arte conceptual, unha narrativa que pertenza ao CGAC, que enriqueza o seu patrimonio e que lle confira unha identidade orixinal e diferenciada —algo que xa se vén reclamando desde as orixes da institución— non só no panorama ibérico, senón tamén no internacional.