evento | Población
03.08.2023-24.08.2023

Feito a man 2023

Imagen de 80840

A XX edición do festival Feito á Man de Santiago de Compostela encherá de música ao vivo as rúas e prazas da cidade vella con máis de corenta propostas artísticas de diferentes estilos musicais. O festival está organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella.

Baixo o lema “20 anos regando a creatividade e o talento”, o festival celebra o seu 20 aniversario con máis de corenta proposta musicais de moi diversos estilos. A Praza de Feixóo, a Rúa de Santo Agostiño, a Praza dos Gatos, a Vía Sacra ou San Paio de Antealtares son algúns dos dezaseis espazos da cidade histórica nos que se poderá gozar de música ao vivo. 

A programación contará con recoñecidas propostas como Kin García Quinteto, novas formacións como Maricarme, ou propostas artísticas chegadas doutros países como Luiz Caracol (Portugal), Moyah (Mozambique-Portugal) ou Nación Ekeko (Arxentina). Un dos sinais de identidade do festival é a diversidade que acolle a nivel de estilos musicais. Así, poderase gozar de propostas que van dende o jazz até o trip-hop, pasando polo funk, o blues ou o folk. 

+INFO

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357