evento | Población
12.09.2023-17.09.2023

Holanola Lab-Festival

Imagen de 80740

Holanola é un festival aberto musicalmente a moitos estilos, ecléctico, entendendo o encontro como unha mestura de diferentes influencias afastadas do elitismo e cun carácter marcadamente popular. Nese sentido, o programa integra diferentes achegas, desde sons máis locais ata outros universais coma o rock’n’roll. Ademais dos concertos o festival incorpora unha serie de conversas culturais ao redor da música, os seus contextos e derivas, guiadas por recoñecidos xornalistas musicais.

Queremos construír un diálogo horizontal entre músicos de diferentes xéneros e o público, para crear unha comunidade apaixonada polo intercambio cultural. Dámosvos a benvida ó Holanola Lab-Festival.

+INFO

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357