evento | Población
19.06.2023-14.09.2023

Co-existencias

Imagen de 80664

Para Anxela Mariño, a coexistencia produce esa relación que percibe o suxeito en momentos reflexivos como, por exemplo, observando o mar , ou en momentos expresionistas da súa vida. A comodidade de pintar despois do proceso evolutivo que parte do antropolóxico, a plasmación da anguria, da desesperanza ou do pracer vital que provoca estar vivo toman corpo nesta mostra que chega a Compostela da man da Área de Cultura da USC e ao abeiro do programa Primavera Cultural. A dicir da autora, "pintar é ser un pouco parte do sentimento da creación e como tal leva a miles de sentimentos, ao recollemento máis profundo". Así, Mariño reivindica na súa pintura sobre todo a imperfección, coma toda existencia é imperfecta, á tautoloxía, o sentimento e a forza.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357