evento | Población
22.06.2023-22.06.2023 16:30:00

Sofia Casanova Lutoslawski

Imagen de 80658

A que fora grande xornalista do século XX en Europa, cronista para o diario ABC de grandes acontecementos históricos desde Polonia como a Rusia dos Zares, a Revolución soviética, as dúas Guerras Mundiais ou o Stalinismo, Sofia Casanova Lutoslawski (A Coruña, 1861 – Poznan, 1958), será obxecto dunha sesión monográfica este xoves 22 de xuño, a partir das 14.30 horas, no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG) (Rúa Nova, 9) en Santiago.

Organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago (APSC), participarán especialistas e investigadores da súa extensa obra bibliográfica e xornalística como a súa biógrafa Rosario Martínez, a profesora da Universidade de Cracovia Maria Filipówicz-Rudek ou a descendente de Sofia, Joanna Kujawisnska. Rematará a xornada coa proxección da película A outra Galicia, de Marcos Gallego, baseada na chamada “Galicia polaca” onde maiormente residiu Sofia coa súa familia eslava.

Texto, Carta

Descripción generada automáticamenteNomeada candidata ao Premio Nobel de Literatura en 1926, Sofía Casanova foi a primeira española correspondente dun diario no estranxeiro e realizou máis de trinta viaxes por Europa. Os seus escritos foron publicados no diario ABC e en numerosas publicacións galegas da época. Da súa faceta xornalística destacan a entrevista a Leon Trotski no San Petersburgo revolucionario de 1917 e a crónica da morte de Rasputin. Membro de honra da Real Academia Galega, escribiu ducias de libros, obras de teatro, traducións e diversos poemarios.

Escala de tiempo

Descripción generada automáticamente con confianza bajaParalelamente a este acto de homenaxe, o CiPG ten ao público ata o día 5 de xullo unha exposición en recoñecemento ás precursoras galegas da comunicación con xornalistas como a propia Sofia Casanova, Mariluz Moralesou Concha Castroviejo, e destacas escritoras de gran relevo público como Filomena Dato, Emilia Pardo Bazán ou Avelina Valladares, entre outras.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357