evento | Población
06.07.2023-06.07.2023 19:00:00

Unha viaxe no tempo á Compostela do século XIII

Imagen de 80656

Unha singular experiencia cultural de inmersión histórica na que seguiremos os pasos de San Francisco de Asís á súa chegada a Santiago de Compostela no ano 1214 para coñecer as súas vivencias, así como os detalles e curiosidades do fundación do mosteiro que leva o seu nome.Unha viaxe no tempo que debullará achegas históricas e culturais sobre a figura de San Francisco e a súa época, a través de actividades interpretadas con explicacións contextualizadoras e dunha experiencia gastronómica dinamizada musicalmente na que, cos cinco sentidos, nos trasladaremos aos espazos, sons, arrecendos, sabores, preparacións e costumes da Baixa Idade Media, para poñernos na pel de San Francisco e da súa comunidade monástica.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357