Tiruleque
O proxecto musical deste grupo coruñés iniciouse como quinteto tradicional que mesturou ás fontes da tradición da música galega, tanto a través de recollidas como recorrendo aos cancioneiros, con outras moitas influencias, procurando unha evolución que ao longo dos anos empurrou o grupo a incorporar distintos instrumentos cos que levar máis alá esa tradición.
Tiruleque leva 20 anos percorrendo a xeografía galega e estatal, deixando constancia da calidade dos seus directos e o seu espírito festivo con aproximacións a xéneros diversos como a cumbia, o swing ou o son cubano entre outros. Participaron en festivais de prestixio, como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, o Festival de Pardiñas, o Beltaine-Avilés Intercélticu ou recentemente o Festival Intercéltico do Morrazo. A nivel internacional participou representando a Galicia nas 41ª e 49ª edicións (2012 e 2020) do Festival Intercéltico de Lorient. Tamén teñen compartido escenario con recoñecidos artistas como Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Xabier Díaz, Tanxugueiras ou Kepa Junkera, entre outros.
Web: http://www.tiruleque.com
Youtube: http://www.youtube.com/tiruleque2002
Spotify: https://open.spotify.com/artist/3kwUK8Y8H79MQiYQdlnJoo
iTunes: https://itunes.apple.com/us/artist/tiruleque/id824192888
Facebook: https://www.facebook.com/tiruleque
TIRULEQUE | Spotify