PICASSO PROTAGONISTA. Viñetas no cómic español contemporáneo
Neste 2023 fanse 50 anos do falecemento de Picasso, e con este proxecto propio analizamos a pegada do grande artista a través de 40 importantes autorías de banda deseñada españolas e galegas que despregan a súa creatividade en máis de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas, e moitas delas concibidas ad hoc para a exposición.
Esta exposición enmárcase na iniciativa CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración con FESBAL, co fin de axudar os bancos de alimentos locais. Convidámoste a colaborares cunha doazón de alimentos non perecedoiros ao accederes á mostra.