evento | Población
05.07.2023-31.08.2023 21:00:00

Atardecer no Gaiás 2023

Imagen de 80630

 

O cartel deste ano inclúe populares artistas nacionais, como os rapeiros Juancho Marqués e Bejo, o pop con aires electrónicos de Rocío Saiz e Natalia Lacunza, ou o punk rock de BiznagaDulzaroPaquesvr e Júlia Colom súmanse ao listado de bandas estatais que poderemos escoitar no Gaiás. Desde Francia, San Salvador trae a súa innovadora proposta de polifonía punk e Ben L'Oncle Soul os ritmos do soul máis actual. O novo jazz da trompetista portuguesa Jéssica Pina completa o elenco internacional dos atardeceres.
 
Ademais, na súa aposta por dar visibilidade ao talento musical galego, o ciclo inclúe sete artistas do país. Entre os galegos hai bandas que xa levan un tempo soando en festivais, como Moura, referente do rock progresivo feito en Galicia que este ano presenta o seu segundo traballo, Axexan, espreitan, e nomes que comezan a despuntar nos escenarios: KYR4, Lontreira, Catuxa Salom, Mariagrep, Madalena Gamalho, así como os artistas novos premiados no certame Xuventude Crea impulsado pola Xunta de Galicia.
 
Esta edición de Atardecer no Gaiás conta co apoio de Cervezas Alhambra, dentro da súa aposta pola creación de experiencias musicais únicas pensadas para gozar sen présa e cos cinco sentidos.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357