evento | Población
09.06.2023-17.09.2023

Nin principio nin fin unha paisaxe á deriva

Imagen de 80624

A obra de Françoise Vanneraud aséntase na viaxe do espectador, físico e mental, pero sobre todo incerto, inaccesible, deses que se conxugan entre o real e o imaxinario, entre o silencio e a palabra. Como espectadores vémonos atrapados, atraídos polo abismo dunha paisaxe fracturada que proxecta esas fisuras na nosa percepción. A realidade móstrasenos directa, aínda cando permanece encriptada, porque se trata, antes de nada, dun itinerario emocional, que se experimenta desde dentro, desde o recordo, nunha especie de proceso de interiorización, que nos facilita o mapa aínda que paradoxalmente sexa para perderse. 

Esta exposiciónconta co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración da Galería Ponce + Robles (Madrid)

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357