evento | Población
07.06.2023-07.06.2023 19:30:00

Noitinhas 2023 Zuaraz

Imagen de 80619

As portas do NH Collection Santiago volverán a abrirse para todo tipo de públicos cunha selección musical de bolero, cumbia, salsa, calipso, cha cha cha e latin soul da man de Coque Dosil tralo pseudónimo de Pasadena.

A continuación será o turno do concerto de Zuaraz, un combo mexicano-galego que ven de presentar en Madrid o seu novo traballo e que aposta pola recuperación dos códigos do bolero e a canción melódica latinoamericana dende a mirada dun novo son alterlatino.

Innovando nos fogóns o chef convidado Nacho Moreira, procedente do restaurante coruñés La Esquina de Valentina, que preparará para a ocasión “hamburguesa de alcachofa e yuz”. Traballando man a man xunto a el estará o equipo de cociña do NH Collection Santiago, que preparará petiscos de atún, sésamo e mostaza con arroz frito, millo, salmón mariñado e ensalada encurtida e ravioli frito de papada e orella con cítricos.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357