XIII Festival Peregrinos Musicales
Santiago converterase entre os días 29 de xuño e 14 de xullo na capital da música clásica da man do XIII Festival Peregrinos Musicales, que conta con grandes novidades. A principal será a celebración dunha xornada de música clásica a pé de rúa, que estará protagonizada polos 7 novos talentos internacionais galardoados no certame vencellado a esta cita.
Programa completo do XIII Festival Peregrinos Musicales
29 de xuño-Teatro Principal (20.30 horas): concerto "Na memoria dun gran artista", con Diana Poghosyan (violinista), Jorge Suárez (cello) e Ilona Timchenko (piano).
30 de xuño-Teatro Principal (20.30 horas): concerto de Dúo Degas: Chistiakova & Benocci piano duo.
30 de xuño-Teatro Principal (20:30 horas): Concerto de Dúa Vegas. Acceso Libre
7 de xullo: xornada de ‘Música nos Balcóns’
• Praza do Toural – Balcón da Fundación Eugenio Granell (17.00 horas): Pablo López (clarinete) e Nerea Arriola (violín)
• Rúa do Vilar - Café Casino (18.00 horas): Piano a seis mans con Sofía Zholobova, Yuri Durán e Cristina Bernal.
• Rúa do Vilar - Balcón Fundación Torrente Ballester (19.00 horas): Jorge Suárez (cello).
• Praza de Praterías - Balcóns Casa do Cabido (20.00 horas): Emanuel Sint (Fagot), Nerea Arriola (violín), Pablo López (clarinete) e Jorge Suárez (cello)
• Hostal dos Reis Católicos (21.00 horas): Concerto final de todos os laureados no Certame Internacional Peregrinos Musicales. Haberá unha obra de piano a seis mans con Stefano Visintainer como pianista colaborador.
9 de xullo – Pazo da Peregrina, Ames (21.00 horas): concerto de laureados no Concurso Internacional de Novos Talentos Peregrinos Musicales.
11 de xullo – Auditorio de Galicia (20.30 horas): concerto dos gañadores do Certame Peregrinos Musicales coa Real Filharmonía de Galicia.
13 de xullo – Teatro Principal (20.30 horas):
concerto "La voz de Casals", Roger Morelló Ros (cello)
14 de xullo – Teatro Principal (20.30 horas)
actuación do "Trío Metamorphoses", composto por Jean Johnson (clarinete), Roger Morelló (cello) e Ilona Timchenko (piano)