Os eucaliptos levan o lume dentro
Ángel cóntanos unha evolución persoal, sérvese de lembranzas e paisaxes, para presentarnos os sentimentos e as emocións de cada etapa, para falar en definitiva dos universais: o amor, o abandono, a felicidade, etc. Establece un xogo entre o simbolismo do binomio lume/eucalipto e os seus espazos interiores.
O deseño e as fotografías de Breixo Parcero incluídas entre os textos, permítennos esas pausas necesarias entre etapas ou entre poemas. Complementan os versos de Ángel pero tamén contan a historia nunha outra linguaxe. Son un apoio para os textos, mas a súa vez, as fotografías levan a batuta, organizan e dan fin e comezo ás etapas, de xeito que as dúas linguaxes (visual e escrita) chegan a entrelazarse.