¿Se ve el bulevar?
Gómez Losada levou a cabo unha escollida selección de óleos sobre lenzo pertencentes ás súas últimas series. Pequenos e medios formatos que son un perfeccionado exemplo do xiro que o artista dá na súa traxectoria hai agora 10 anos. Un 2013 no que coa súa serie "Unha historia rusa" decide evolucionar a súa linguaxe pictórica, deixando atrás a paisaxe e os motivos vexetais que caracterizaban a súa obra para abrazar desde entón conceptual e formalmente o humano. O resultado daquela decisión é unha pintura figurativa libre e intuitiva, que engarza á perfección co espírito romántico de Miguel Gómez Losada.