evento | Población
13.05.2023-13.05.2023 10:00:00

II Andaina Musical da EMM

Imagen de 80518

A andaina comezará ás 10 horas no Multiusos Fontes do Sar e realizarase un percorrido ao longo das seguintes localizacións: Brañas do Sar, Colexiata do Sar, Pontepedriña e Conxo. Durante o traxecto realizaranse diferentes actuacións musicais en distintos enclaves do mesmo.


Trátase dunha ruta de 3,4 km, cunha dificultade técnica moderada, cun desnivel positivo de 17 m, e un desnivel negativo de 48 m, altitude máxima  de 230 m e mínima de 184 m. Esta ruta ten unha duración aproximada de 56 minutos en movemento, ao que hai que engadir o tempo das actuacións musicais en 6 paradas ao longo do traxecto. Nestas paradas realizaranse actuacións musicais breves en pequenos grupos de música de cámara, para finalizar cun concerto final na carballeira onde se celebra o Banquete de Conxo. Percorrido aquí


A actividade está aberta á cidadanía maior de 6 anos, sendo necesario que os menores de 10 anos vaian acompañados por unha persoa adulta.


Lembra que para a volta podes empregar de balde o Tren do Banquete de Conxo, con saídas de Conxo cara o centro da cidade cada hora. Consulta aquí

Máis info aquí

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357