evento | Población
18.04.2023-18.04.2023 20:30:00

LaMontagne & Pico Amperio

Imagen de 80495

A banda, integrada por Laura LaMontagne & Pico Amperio, achegará un punto de contemporaneidade ao programa coa súa orixinal proposta, que tende pontes coas músicas e tradición galego-portuguesa das cantigas de amigo, traéndoas de volta ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos; un diálogo entre pasado, presente e futuro a través do hip hop, a abstracción ambient, o folclore, melodías suaves, e a world music. Ademais de versos dos trobadores Martín Códax, Airas Nunes de Santiago e Afonso X, no repertorio de LaMontagne & Pico Amperio, teñen cabida outras grandes figuras da literatura como Rosalía de Castro, Luz Fandiño, Xela Arias, Fernando Pessoa ou García Lorca.

O concerto será de balde e entrada libre ate completar aforo.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357