evento
|
Población
24.02.2023-16.05.2023
Historias de Radio Galicia. 90 anos contigo
A Radio en Galicia celebra 90 anos. Nesta exposición que conmemora ese 90 aniversario faise un percorrido a través de catro salas polas voces históricas que compuxeron Radio Galicia ao longo dos seus noventa anos de historia, así coma os seus programas, eventos e noticias. Tamén se poderán ver obxectos únicos como radios antigas da colección dos Portela Seijo e a súa gravadora de fío dos anos 40, ou a placa orixinal de EAJ-4. Na exposición, que será multimedia, os visitantes poden escanear distintos QR para escoitar audios deses noventa anos.