evento | Población
15.04.2023-15.04.2023 20:30:00

Carminho

Imagen de 80349

‘Portuguesa’ é o sexto disco da carreira de Carminho e conta con 14 composicións, varias con letra e música súa, entre outros autores. A compositora e intérprete asume tanto a produción do álbum como a composición de fados tradicionais orixinais. Nunha busca pola profundidade do seu pensamento sobre o fado, Carminho explota varias combinacións dentro dos canons, repensando a forma e movéndose como peixe nunha auga que é a súa. O traballo gráfico foi entregado, unha vez máis, a Giovanni Bianco.

Carminho ten recoñecemento do grande público, dos medios nacionais e internacionais, e con números nas plataformas dixitais que reflicten a dimensión de notoriedade da artista portuguesa. Con esta proposta dá continuidade a un traballo profundo como autora, intérprete, agregadora cultural e inspiración máxima dun Portugal contemporáneo.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357