evento | Población
31.03.2023- 20:30:00

CAPELLA SANCTA MARIA-Sons no silencio. Músicas nos conventos femininos

Imagen de 80323

O papel da muller na historia da arte en xeral, e da música en particular, continúa a ser aínda hoxe un campo pouco investigado, mais foron ámbitos nos que desenvolveu un importante papel. Existe un extenso repertorio creado especificamente ou adaptado para ser executado por mulleres no contexto da vida conventual.

Capella Sancta Maria, un conxunto vocal dirixido polo coruñés Enrique López-Cortón, con base en Ámsterdam, composto por un cadro internacional de consagradas cantantes, explora, a través deste programa, a actividade musical que se desenvolvía intra muros, nestes cenobios, a miúdo de clausura, onde a música era practicamente a única forma de expresión artística.

 

O repertorio está integrado, entre outras, por músicas procedentes de diferentes conventos femininos da Península (entre eles, San Blas de Lerma ou San Paio de Antealtares) compostas durante os séculos XVI e XVII, así como obras creadas ou adaptadas para o canto das relixiosas por autores como Morales ou Guerrero.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357