evento
20.02.2023-20.02.2023 16:30:00

Baile de Entroido 2023: unha viaxe no tempo

Imagen de 80321

Na tarde do luns de Carnaval, 20 de febreiro, o Museo Centro Gaiás vaise encher de dinosauros e robots, Faraóns e cavernícolas, pintoras renacentistas, cabaleiros medievais e intrépidas piratas dos sete mares. E por suposto de viaxeiras e viaxeiros do tempo de toda caste, que acompañarán a Pakolas e á nosa avoa do Courel favorita nunha das súas aventuras, desde o futuro ata o Cretácico, para bailar e cantar ata quedar sen folgos "charamelas grandes como estrelas, átomos perdidos na súa colisión!!".

Lembrade que deberedes acudir cun disfrace de temática relacionada coas viaxes no tempo, así que espremede os miolos que todos os anacronismos están permitidos! E agardamos recibir desde ao Doutor co desparafusador sónico máis famoso, a varios Marty McFly, algunha que outra Hermione co seu viratempos no peto e un bo feixe de espelidas científicas capaces de construír unha máquina coa que acompañar a Ramona Órbita nas súas lendarias viaxes.

O espectáculo está dirixido a públicos de todas as idades, e especialmente recomendado entre 4 e 9 anos. Comezaremos a festa ás 16.30 horas cunha pinchada musical para ir quentando motores e desenferruxando as articulacións. A partir das 17.30 horas será a quenda de queimar a pista de baile co rock de Pakolas e, xa para despedir a tarde, ás 18.30 horas, celebraremos un desfile de disfraces onde os máis sorprendentes e orixinais levarán un pequeno agasallo. 

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357