evento | Población
04.02.2024-04.02.2024 19:00:00

'Xenerais da Ulla': Parroquia de Angrois

Imagen de 76064

Esta tarde, a parroquia compostelá de Angrois celebra o seu tradicional entroido co espectáculo dos chamados Xenerais da Ulla.

- 19.00 h. Angrois (Santiago) Campo da festa (Soutiño)
GPS: 42º 51’ 35” / 8º 31‘ 41“

 

A comarca natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que temos testemuños dende mediados do século XIX.

Os personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun "exército" de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.

Dunha parroquia a outra, o Entroido da Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos definitorios que os fan únicos.

Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do entroido tradicional galego.

Información completa e horarios noutras parroquias da comarca: www.xeneraisdaulla.gal

 

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357