evento
11.02.2023-11.02.2023
20:30:00
Quique González
Quique González presenta o seu novo disco, “Sur en el valle” (Cultura Rock / Varsovia Récords, 2021), título inspirado nese vento famoso en toda a cornixa cantábrica, portador de sucesos e comportamentos insólitos e ao que se asocian todo tipo de lendas. Sempre hai un espazo para o imprevisto cando sopra o Sur, un halo de misterio que se estende tamén a algunhas pasaxes desta colección de cancións.