evento | Población
23.06.2023-23.06.2023

Tren Cacharelo - Festas de San Xoán 2023

Imagen de 79690

Un ano máis, na tarde e na noite do 23, o “Tren Cacharelo” circulará de balde para fomentar a mobilidade, tanto da veciñanza de Santiago como de turistas e visitantes, que así poderán transitar a  diferentes cacharelas da cidade.

17h.-22h. Circulación do Tren Cacharelo, dinamizado con música ao vivo, polos distintos barrios dacidade que celebran actividades de San Xoán. Saídas ás horas en punto dende o CGAC con paradas en Avda. do Burgo das Nacións, Carballeira de San Lourenzo e Avda. de Xoán Carlos I.

Actividade de balde, para todos os públicos e suxeita a dispoñibilidade e aforo limitado por traxecto (60 prazas aprox.)

AVANCE INFORMATIVO. CONFIRMARASE E DETALLARSE O PROGRAMA COMPLETO NOS VINDEIROS DÍAS

PARADAS E CONEXIÓN COAS CACHARELAS DOS BARRIOS

CGAC
Conexión coas cacharelas da Cidade Histórica, Almáciga e Barrio de San Pedro
17.00 – 18.00 – 19.00 – 20.00 – 21.00 – 22.00 (final)

Burgo das Nacións (Parada diante da lagoa do Auditorio)
Conexión con Pelamios-Vista Alegre
17.15 – 18.15 – 19.15 – 20.15 – 21.15

Carballeira San Lourenzo
Conexión coa cacharela de San Lourenzo-Carme de Abaixo-Río Sarela
17.25 – 18.25 – 19.25 – 20.25 – 21.25

Avenida Xoán Carlos I (Parada despois do paso de peóns, pasada a gasolinera)
Conexión co Ensanche
17.35 – 18.35 – 19.35 – 20.35 – 21.35

(*) Horarios aproximados, contando desde a parada principal (CGAC).

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357