IV Festa do Banquete de Conxo
O convite que reuniu en torno á mesma mesa a estudantes universitarios, obreiros e artesáns o 2 de marzo de 1856 para reivindicar a igualdade e a liberdade, fica na memoria colectiva coma un dos acontecementos fundacionais do galeguismo.
A cuarta edición da Festa do Banquete de Conxo terá lugar o 12, 13 e 14 de maio. Entre as actividades a visitar atópase o Mercado de Artesanía que acollerá expositores dos sectores do libro e da artesanía na praza Aurelio Aguirre.
Entre as actividades máis destacadas, está a Andaina Muscial que organiza o sábado a Escola Municipal de Música. A andaina comezará ás 10 horas no Multiusos Fontes do Sar. Máis info aquí.
AdemáIs, celebrarase o MERCADO DO LIBRO E MOSTRA DE OFICIOS TRADICIONAIS
EXPOSITORES
- EDICIÓNS POSITIVAS
- A CENTRAL FOLQUE
- DORNAVELA
- EDICIÓNS
- DEICA! CREACIÓNS
- LIBRARÍA TIRANA
- IR INDO EDICIÓNS
- RODOLFO E PRISCILA
- LIBRERÍA AENEA
- EDICIÓNS FERVENZA
- MARÍA MEIJIDE
- ANTELA EDICIÓNS
- A GATA TOLA
ARTESÁNS
SUSO CESTEIRO
Cestaría
MANUEL FIGUEIRAS
Cerámica
XOSÉ TUNHAS PERCUSIÓN
Instrumentos Tradicionais
MIÑAMENA ENCAIXES DE AUTORA
Encaixe
FORXA CHAGO
Ferraría
O domingo haberá un Serán da Fraternidade aberto á música e ao baile tradicional, onde podes acudir co teu grupo de música ou baile. Ademais, podes vir vestido de época á Festa do Banquete.
PROGRAMA
VENRES 12 MAIO
11:00 h-Carballeira de Conxo
O Pequeno Banquete.
Representación teatral a cargo de Os Quinquilláns co alumnado do centro
de Santiago de Compostela CEP Quiroga Palacios.
11:45 h-Carballeira de Conxo.
Fillas de Cassandra presentan os temas do seu traballo Acrópole.
MariaSOA (voz, percursión e piano) e Sara Faro (voz e percusión) participarán na gravación dun videoclip coas rapazas e rapaces asistentes interpretando conxuntamente o tema LISISTRATA.
18:30h-Praza de Conxo
Obradoiro de baile tradicional.
Impartido polo grupo de baile tradicional da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. Actividade aberta ao público en xeral sen inscrición previa.
19:00 h-CSC Aurelio Aguirre de Conxo.
Obradoiro de Cantos de Taberna a cargo de Mulheiros do Sarela.
21:00 h
Cantos de Taberna nos bares do barrio.
Coa participación dos grupos de Santiago Can de Ghaiteiro, Cantamadeira, Cantarea 21, Grupo Colexiata de Sar, Muiñeiros do Sarela e Son de Gaita e Silva Verde do Castineirino; o grupo Repenicos de Touro e Vento Mareiro de Moaña. Os cantos terán lugar nos bares A Chara, Barrigola, Caiman, Cantina San Serapio, Casa Pajueleira, Marlo, News e Os Mallos. Actividade coordinada por Muineiros do Sarela.
SÁBADO 13 MAIO
10:00 h-Multiusos Fontes do Sar.
II Andaina Musical da EMM.
Actividade que conxuga a música, o contacto co medio ambiente e o noso patrimonio natural. Realizarase un percorrido ao longo das Brañas do Sar, Colexiata de Sar, Pontepedriña e Conxo. Durante o traxecto realizaranse diferentes actuacións musicais en distintos enclaves do mesmo.
10:00h-Carballo do Banquete de Conxo.
Baños do Bosque
Actividade immersiva no Bosque do Banquete de Conxo. Habilitanse 12 prazas por quenda. Inscrición por orde de solicitude a través do correo electrónico bosque@santiagodecompostela.gal
12:00h-Praza Aurelio Aguirre.
As Voces do Bosque.
Un percorrido literario pola histórica carballeira de Conxo guiado polo editor e escritor Henrique Alvarellos, para lembrar as autoras/es que escribiron sobre o bosque ou no bosque, dende o século XII ata o XX. Adaptado a todos os públicos. Idioma: galego. Duración 80 min aprox. Inscrición: rutabanquete@santiagodecompostela.gal
18:00 h-CSC Aurelio Aquirre de Conxo
"As enerxias renovables a debate"
19:00 h-Escalinata do Hospital Psiquiátrico de Conxo.
Concerto coros e orfeóns.
Coa participación do Coro do Psiquiátrico de Conxo dirixido por Angel Casillas, Coro Santa Susana dirixido por Marcos Mato Collazo; Coro de Habaneras Rocha Forte dirixido por Sebastián Fernández Tapia, Coro Crecente de Voces Graves dirixido por Francisco Javier Freire Chico, Coro Amigos do Castineiriño dirixido por Iolanda Eiras e Orfeón Tradicional da Colexiata de Sar dirixido por María Xosé López.
21:00h-Praza Aurelio Aguirre.
A Festa da Poesía.
Conducida por Helena Salgueiro. Coa participación musical de Amorodo. O Rabelo e Paulinha e as poetas Belen Senin, Sara Villar e Noelia Gómez.
DOMINGO 14 MAIO
11:00h
Ala van estudantes e artesáns
Desfile teatral desde a Praza do Toural ata Conxo.
Dirixen: Os Quinquilláns.
Participan: Os Quinquilláns, Teatro Medioguevo, Grupo de Teatro da Rocha, Coral a Oliveira de Monte Branco, grupo de Gaitas Inllar, grupo de teatro da Fundación Pondal de Ponteceso, clube Mozo e veciñanza activa do CSC Aurelio Aguirre de Conxo, Brigadas Teatrais de Catoira, Teatro do Muino (Laraño) e Teatro do Solpor (Vite). Acompañamento musical de Os Mirimeiros do Sarela
12:45h-Praza de Conxo
Pregóns da Festa do Banquete a cargo de Xosé Lois Mouriño Couto de Sar e Lucia Pérez Lemos de Villestro.
13:00h
Baixamos ao Bosque do Banquete.
Continuación do desfile teatral ata a Carballeira de Conxo. Os Quinquilláns acompañados polo grupo Os fondaos do Pifaro, os Gaiteiros de Conxo e diversos colectivos.
14:15 h-Carballeira de Conxo
Benvida e recreación teatral do Banquete de Conxo.
Os Quinquilláns.
15:00h-Carballeira de Conxo.
Xantar e romaría popular, con brindes de veciñas e veciños.
16:30-19:00h-Carballeira de Conxo
A Eira do Paporrubio
O pasarrúas dos xigantes. Público familiar. Percorrido polo bosque do Banquete de personaxes xigantes que animarán a participar nos xogos instalados na Carballeira.
Xogos paporrubio: Estación de xogos tradicionais
Varietês do animalario: espectáculo de monicreques con música en directo.
Fotocol.
17:00 h-Carballeira de Conxo
O serán da Fraternidade.
Foliada de música tradicional con Os Fondaos do Pifaro, Devagarinho Grupo de Cantos de Taberna da Asociación de Mulleres Recandea e Muimeiros do Sarela.
19.30h-Carballeira de Conxo
Despedida da Festa do Banquete 2023 e convite á seguinte edición.
Discursos a cargo de Os Quinquilláns e pregón de peche.
Para achegarte á Festa do Banquete podes empregar de balde o Tren do Banquete.
Horarios:
https://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/tren-do-banquete-de-conxo