Xuventude
- Desenvolve a política municipal en materia de mocidade, tendo como eixes a promoción do asociacionismo xuvenil e a dinamización sociocultural da xuventude de Santiago de Compostela.
- Ocúpase da execución de iniciativas propias dirixidas á mocidade, así como das que xorden desde os propios colectivos cun labor de apoio e asesoría técnica e establecendo as correspondentes liñas de axuda.
- Fomenta a creación de espacios de formación para que os mozos/as membros de asociacións xuvenís poidan empregar as ferramentas máis axeitadas para atender o seu ámbito de referencia.
- Canaliza e distribúe a información sobre temas de interese para xoves: emprego, tempo libre, formación, etc.).
- Edita unha guía para a circulación de información xuvenil entre os colectivos e facilítase o acceso a internet.
Actualmente está en funcionamento unha rede de 32 puntos de información xuvenil (PIX), estendidos polos institutos de ensinaza, colectivos xuvenís e centros socioculturais que descentraliza o labor informativo e retroalimenta á propia oficina.
981 542 457
Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16