VII Festival Alguén que respira!
O festival Alguén que respira! converterá Compostela no cumio galego da poesía. Fiel á súa vocación de crear un marco de reflexión sobre a realidade e a sociedade actual, o festival terá este ano como eixo temático a poesía en territorio conflito, con especial atención ás áreas de enfrontamento bélico, pero tamén as tensións sociais, a das identidades ou as que suceden no corpo.
Serán tres días intensos de recitais que se iniciarán o xoves 21 de marzo no Teatro Principal coa lectura do manifesto que escribiu Alfonso Armada para o Día Mundial da Poesía e concluirá na Igrexa da Universidade o día 23 cun encontro de auténtico luxo onde a música e a poesía se mesturarán da man de Guadi Galego, Alidé Sans, Eskarnia e No Poet.
+INFO: https://alguenquerespira.gal/