VI Encontros Troyanos en Compostela

Nesta sexta edición, como nas anteriores, as agrupacións participantes están conformadas por persoas afeccionadas á música que actualmente son profesionais en distintos ámbitos, mais aos que os une a súa pertenza durante a súa etapa académica a unha Tuna Universitaria.
Nestes VI Encontros, aparte de Troyanos de Compostela, agrupación musical do Museo e da Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, van participar as seguintes agrupacións: a Tuna de ICAI-ICADE (Madrid), a Tuna de Ingenieros Industriales de Zaragoza, a Tuna Universitaria de Vitoria-Gasteiz e a Tuna Ciudad de Luz (Eindhoven-Holanda).