evento | Población
25.02.2024-25.02.2024 19:00:00

Concerto benéfico Paz para Ucraína

Imagen de 81521

O CONCERTO BENÉFICO PAZ PARA UCRAÍNA, en colaboración con AGA Ucrania, Compostela Solidaria e Ateneo Santiago nace co obxectivo de conmemorar o segundo aniversario da invasión rusa a Ucraína, en mostra de apoio ao pobo ucraíno e solidariedade cos refuxiados acollidos en Santiago de Compostela e Galicia.

SanArte actuará en formato de orquestra de cordas, coa colaboración de varios músicos da Real Filharmonía de Galicia. Contamos coa colaboración de Soledad Felloza para a narración oral de varios poemas e textos ucraínos traducidos ao castelán. A presentación do acto e dos momentos musicais estará a cargo de Irina Gruia.

PROGRAMA:

REPERTORIO MUSICAL:

  • MYROSLAV SKORYK – Melodia - solista Grigori Nedobora (violín)
  • SAMUEL BARBER - Adagio for Strings
  • VALENTIN SILVESTROV- Prayer for Ukraine
  • ANTONIN DVORAK - Serenata para cuerdas, primer movimiento
  • EDWARD ELGAR - String Serenade, primer movimiento
  • SVYATOSLAV VAKARCHUK - Abrázame (arreglo de Manuel Veiga)

A recadación destinarase íntegramente á Asociación AGA-UCRAINA para o proxecto de compra de audífonos para as persoas que perderon a audición por motivo da guerra en Ucraína.

 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357