noticias | Población
26.06.2020

O luns 6 de xullo, último día para realizar o pagamento voluntario do IVTM

A Concellaría de Facenda comunica que o luns 6 de xullo será o último no que se poderá realizar o pagamento voluntario do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) do período impositivo 2020. Cómpre lembrar que o prazo para o abono deste imposto fora ampliado a raíz da crise da Covid-19.
Imagen de N19684
O pagamento poderá efectuarse nas contas de recadación das entidades colaboradoras que se indican a continuación, presentando o correspondente recibo, e dentro do horario habitual de atención ó público: Abanca, Banco Pastor, BBVA, CaixaBank, Banco Sabadell Gallego e Banco Santander. Tamén poderá realizarse a través dos caixeiros das entidades colaboradoras que dispoñan deste servicio, e a través de Internet, entrando na páxina web municipal: www.santiagodecompostela.gal.

Transcorrido o prazo sinalado, as débedas pendentes esixiranse pola vía de constrinximento e devindicarán o recargo de apremio, os xuros de mora e as custas que se produzan.

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357