Coleccións públicas a debate: A colección CGAC

O esforzo dedicado polos museos de arte contemporánea á construción e presentación das súas coleccións converteuse nunha prioridade e nun eixe discursivo fundamental dos debates artísticos. A exposición Implosion: arte conceptual na Colección CGAC (1965-1975), entendida como un caso de estudo e como un primeiro paso cara a unha serie de exposicións que desenvolvan os discursos correspondentes a distintos períodos dentro da Colección CGAC, abre o debate sobre a dita colección, o seu futuro, a súa importancia e as súas necesidades, e asemade explora as súas posibilidades como a principal colección pública de arte contemporánea en Galicia.
29 DE NOVEMBRO CGAC 18:00 h. Hall do CGAC: Visita guiada á exposición Implosion: arte conceptual na colección CGAC (1965-1975) 19:00 h. Biblioteca do CGAC: Mesa redonda coa participación de Rosario Sarmiento, Miguel Anxo Rodríguez e Iñaki Martínez Antelo.
Moderan: Santiago Olmo (director do CGAC) e Pedro de Llano (comisario da exposición)
30 DE NOVEMBRO Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia 19:00 h. Mesa redonda coa participación de Sara Donoso, David Barro e Juan de Nieves.
Moderan: Pedro de Llano (comisario da exposición) e Santiago Olmo (director do CGAC)