evento | Población
11.11.2023-09.01.2024

Parellas imposibles: xuntos, só aquí e agora

Imagen de 81084

O Museo de Historia Natural da USC acolle a exposición 'Parellas imposibles: xuntos, só aquí e agora', unha proposta pictórica de Mª de la Soledad Ruiz Álvarez (Madrid, 1946). A autora, doutora en Bioloxía e profesora nas Universidades de Vigo e Santiago, participou como ilustradora da ciencia en diversas publicacións, no ámbito da Bioloxía, e como pintora colaborou en distintas exposicións colectivas.

Nesta mostra exhíbense doce obras realizadas en acrílico sobre lenzo, nas que están representadas 24 especies de vertebrados da fauna galega e exótica. A autora condúcenos por un sendeiro onde estas especies conviven como "parellas imposibles". Unhas polas súas relacións antagónicas depredador-presa e outras porque están afastadas xeograficamente, habitando ecosistemas con características e clima moi diferentes. 

Pazo de Raxoi

Praza do Obradoiro

15705 Santiago de Compostela (A Coruña)

Centro de Atención Telefónica

+34 981 542 300

Alcaldía

+34 981 542 357